Vacacións imaxinarias

Buuuuuhhh!! Dous post nun día. Demasiadas cousas que decir, demasiadas sentementos que expresar e sentir, cousas que se pensan pero non se din…
Pero o que ahora realmente desexaría é irme de vacacións unha semana a un sitio moi ben coñecido por min; non pido gran cousa, non é un sitio de fama nin de concurrencia polos veraneantes. Nin sequera queda lexos, non é caro e solo ten un hotel ó que solo fun unha vez de paso:

Máis exactamente: 42°48’0.27″N 8°57’2.44″W

A maioría da xente xa sabe de que lugar estou a falar e se deu de conta de que é o apodo co que se me soe facer referencia.

Pfffffff, se puidera ir iría ahora mismo e botaría esa preciada semana de descanso tanto físico como mental que anhelo e que me fai volver a unha visión máis primitiva da vida e de min mesmo. Pero bueno, despertarei unha vez máis do meu soño e intentarei volver a realidade. Solo me queda a esperanza de revivir as miñas sensacións vividas pero a veces eso non basta.