As siglas que encabezan este post vinas por vez primeira no tÃtulo dun DVD dun concerto de Muse e entroume a curiosidade sobre que serÃa. A verdade é que na procura deste concerto me encontrei tamén con moitas referencias a páxinas que non tiñan nada que ver co grupo.
Ben pois, HAARP son as siglas de High Frequency Active Auroral Research que ven sendo algo asà como Programa de Investigación de Aurora Activa de Alta Frecuencia, creado para «entender, simular e controlar os procesos ionosféricos que poderÃan cambiar o funcionamento das comunicacións e sistemas de vixiancia». Interesante obxectivo nun principio, que probablemente estea baseado nalgunha pesquisa de Nicola Tesla, o cal crÃa que se podÃa transmitir de forma aérea enerxÃa apreveitando as caracterÃsticas conductoras da ionosfera. Todo ben ata aquÃ.
Pero parece un pouco sospeitoso que semellante obxectivo de grande interese cientÃfico-tecnolóxico estea financiada pola pola Forza Aérea dos Estados Unidos e a Marina. Asà que me deixei de mirar a wikipedia e busquei outra clase de datos. Por exemplo, hai xente que cree que é un experimento para intentar controlar o tempo atmosférico, outros que pensan que con eso dominarán as comunicacións, outros cren incluso que poden dominar as mentes e destruir avions asà de gratuito. Pois eso, deixovos con Iker que el si que sabe meter medo, sobretodo a esa xente que lle fai caso.
Por certo, no segundo video fálase dunha zona censurada, ben pois pódese atopar nas coordenadas 62°11’19.73″N e 141°16’17.80″O por se tendes curiosidade. De todas formas sabede que está a 190km asà que próximo próximo non está.