HAARP


As siglas que encabezan este post vinas por vez primeira no título dun DVD dun concerto de Muse e entroume a curiosidade sobre que sería. A verdade é que na procura deste concerto me encontrei tamén con moitas referencias a páxinas que non tiñan nada que ver co grupo.

Ben pois, HAARP son as siglas de High Frequency Active Auroral Research que ven sendo algo así como Programa de Investigación de Aurora Activa de Alta Frecuencia, creado para “entender, simular e controlar os procesos ionosféricos que poderían cambiar o funcionamento das comunicacións e sistemas de vixiancia”. Interesante obxectivo nun principio, que probablemente estea baseado nalgunha pesquisa de Nicola Tesla, o cal cría que se podía transmitir de forma aérea enerxía apreveitando as características conductoras da ionosfera. Todo ben ata aquí.

Pero parece un pouco sospeitoso que semellante obxectivo de grande interese científico-tecnolóxico estea financiada pola pola Forza Aérea dos Estados Unidos e a Marina. Así que me deixei de mirar a wikipedia e busquei outra clase de datos.
Por exemplo, hai xente que cree que é un experimento para intentar controlar o tempo atmosférico, outros que pensan que con eso dominarán as comunicacións, outros cren incluso que poden dominar as mentes e destruir avions así de gratuito. Pois eso, deixovos con Iker que el si que sabe meter medo, sobretodo a esa xente que lle fai caso.

Por certo, no segundo video fálase dunha zona censurada, ben pois pódese atopar nas coordenadas 62°11’19.73″N e 141°16’17.80″O por se tendes curiosidade. De todas formas sabede que está a 190km así que próximo próximo non está.