Musiquita



Ooooolas chicos, chicas, gays, lesbianas, metrosexuales, transexuales, hermafroditas, homófobos y xenófobos. Hola a ti tamén Santi. Bueeeeeeeeno, teño tanto sobre o que facer posts… pero ando sen tempo; cando acabe fareinos todos en 3 días. O que pasa é que o que vos quero propoñer era un pouco urgente. Teño, no meu servidor un programilla para subir cancións por se surgira a ocasión de facer unha festa e quería invitarvos a subir cancións guays, nada de I don´t wanna miss a thing (esto vai por ti Santi) porque eso non é bailable, e, se ainda non están na miña recopilación e me parecen interesantes poderán chegar a formar parte da colección para a festa. Ademáis así estreno gadget, ahí á dereita, que é onde apareceran as cancións que subades e non teña repetidas (e que teñan un grao de aceptación). Aqui vos deixo o enlace desde donde podedes subir a música:
aqui. Hala, que estudiedes moito o que queda de tempo, e se non tendes que estudiar que vos dean un pouco polo cú (é broma), xDDD.

PD: Disculpade a imagen cutre, ando con prisas. ^^

Que artista!

Hola rapaces, como todos vos daríades de conta, aqui abaixo á dereita hai unha lista das cancións máis escoitadas por min na semana pasada. Ben, ata aqui todo normal, peeero resulta que hoxe me din de conta de que aparece un artista cuio nome me resulta moi familiar.

Interesante verdade?? Bueno, pois nada máis darme de conta de que aparecía e que a súa descripción non estaba en Last.fm tiven que facerlle un favor á sociedade e completar ese vacío tan grande que se vía na páxina musical por excelencia da Web 3.0. Así pois este foi o resultado da miña intervención para un merecido artista:

Facede o favor e facede click sobre a imaxe, non ten desperdicio!!!

Por la gorda muere el hombre



Érase unha vez na piscina municipal de Noia un atractivo e aposto rapaz de corta idade (sobre 14-15 anos) que se encontraba apaciblemente nadando un largo dunha pista de natación (piscina á qua acudira na compaña do seu primo) cando de súpeto… notou que lle faltaba o aire, que estaba baixo a auga, fallaranlle as forzas?? marearíase?? Terriblemente asustado comezou a axitar os brazos e a intentar ascender da profundidade como puido, pero éralle imposible salir de baixo daquel fluido infernal. Que sería a forza misteriosa e mística que non deixaba ó pobre rapaz saír da auga?? Dalí a un pequeno pero interminable momento foi quen de sair da auga e coller o aire dador de vida finalmente. Así como se dou zafado daquel agobiante momento oíu unha voz feminina, que proviña da pista na que iba, na dirección na que circulaba. Xa máis sereno e con aire novo nos pulmóns foi quen de albiscar á señorita de lixeiro sobrepeso que acababa de pasar sobre él cual apisonadora. Pfff que mal momento…

(Sinto a calidade da imaxe… non tiña tempo…)

Taca – Taca


Estou sentado diante desta puta pantalla escoitando Lovers in Japan de Coldplay mentras mentalmente vexo que todo se derrumba, absolutamente todo. Todo eso no que tiña unha esperanza posta, un punto de apoio no que sentarme cando algo non vai ben… Solo queda apoyarme en min, non me gusta decir o que pasa polas miñas entrañas eso ó que algúns chaman corazón (ahora ven Airbag de Radiohead). Non lle vexo sentido ás acepcións que se lle dan a ese órgano…
Bueno, mañan marcho para Viveiro con Adrián e Diego, somos os que quedamos en pé para este encontro… Teño que decir que non me vai a gustar a música que vou a escoitar, pero vouno intentar pasar ben con dous compadres coma eles e incluso a facer chourizos. A pesar de gozar desa compañía vou estar solo en alma e probablemente me sumerxa na miña nube de merda mental da que espero que algún tipo de alcohol ou unha alternativa inesperada me rescate (ahora toca Optimistic de Radiohead). Solo quero descansar este peso que levo sobre os hombros e que non descansa en serio desde fai casi 2 anos. Intento olvidarme de todo o que me importaba e intentar centrarme en min.

Supoño que marcharei ahora a durmir a ver que soño extraño ou excéntrico(Sebastien Schuller – Edwar´s Hands) me ofrece a mente.

Saludos a tod@s e hasta o domingo, se non quedo alá.