Mellor que os plans salan ben


Hai veces que me pasa que recordando algo que fixen dígome: ese non son eu. Unha sensación de alienación estraña, como a dun bebé que descubre un espello por primeira vez, e vergonzosa por outra parte, porque acabo descubrindo que son eu esa persona. No meu caso non acaba de quitarlle peso o feito de que son unha persona que lle encanta telo todo controlado, non é precisa a monotonía nin as costumbres, pero o feito de que todo sexa predecible facilita que poidan crecerme algún día as uñas, ou que algún día poida deixar de rascarme aínda que non me pique ou que deixe de tocar os ollos cando non me pasa nada neles. É estraño a veces como o feito de decir non se volve unha tarefa titánica ou o simple feito de que algo non me guste nunha conversación sirva como escusa para evitar a mirada desa persona por un rato. E incluso pode chamar a atención cambiar a un tema relacionado co tema espiñoso que se está tratando, as respostas cortas a preguntas de bastante calado, as miradas vacías, as medias verdades, as medias mentiras, as caricias letales e as feridas con amor. Gústame caer ben, ser agradable, pero non agradar en van e cando máis poño esto en práctica é cando teño dúas copas de máis porque non me importa o ridículo. Foi unha cousa que tardei en aprender pero creo que estou seguro de habelo aprendido: a maioría das diferencias non se salvan, sopórtanse, ese é o punto clave, a transigencia. Volvendo ó comezo do post, que xa se alarga, hai momentos, creo que cada vez menos, nos que me arrepinto de ter dito algo fora de lugar, de non ter insistido, de ter insistido, de oír en vez de escoitar, da miña gran falta de memoria, de recordar,… De todas formas hoxe que non é un deses momentos, porque non me acordo de moito…, pero mañan pode que o sexa.