O bico violento
Imagen original por Scarleth White
Onte véuseme á cabeza un recordo que compartín con moi pouca xente ou ningunha para ser máis concreto e é que me avergoña un rato, para que vos vou a enganar. Supoño que se podería considerar unha das miñas primeiras vivencias amorosas, ou non… segundo se mire.
Por aqueles tempos eu estaba en 4º de primaria se mal non recordo e algunhas palabras como orgasmo ou vaxina soábanme a chino. En realidade creo que os únicos coñecementos, se é que se lles pode chamar así, que eu tiña sobre o tema proviñan na súa maioría de unha telenovela, “Agujetas de color de rosa”, que moitas veces me tiña que tragar porque na casa dos meus avós algunhas familiares estaban enganchadas a ela. Todo isto pola miña parte que xa veredes logo a que ven. Pola outra parte unha rapaza da miña clase, de cuxo nome me acordo pero non vou a revelar, á que o resto dos alumnos tiñan semi-marxinada (a esas idades non hai nada absoluto) que entre outras cousas se comía os mocos literalmente e non tan literalmente, porque as veces facía gala de poucas luces (aínda que en outras ocasións era máis avispada). Así é que estando na cola que formábamos sempre á entrada do recreo separados por clases (unha cola por clase) e estando eu máis que despistado a rapaza acercóuseme e bicoume. É aquí amigos onde entra en xogo a telenovela e é que se non recordo mal había bastantes bofetadas nela. Actuei, actuei tal e como o facían os actores daquela telenovela que tanto odiaba e respondinlle cun bofetón… Non preguntedes porqué, non o sei agora, nin o souben no momento cando o meu titor, o meu querido titor (un dos mellores profesores que tiven na miña vida) me pediu explicacións cando descubriu porqué estaba chorando a rapaza cando chegou a clase…
E así acaba unha das escenas máis bochornosas e incomprensivas da miña vida, pedindo perdón e prometendo ó meu profesor que nunca volvería a pegar a unha rapaza, promesa que creo que aínda non rompín.
Unha boa reflexión e cargada de sentido.
THEN SHE SURE AS HELL COULD HAVE ABORTED FETUSES PURPOSELY IN THE PAST and is today calling them MISCARRIAGES. All speculation, no facts. Sorry. I could speculate many things about many people. Obama could really be an alien from another planet. Prove me wrong. Out of curiosity…Why do you feel this intense for her to have had an abortion anyway? Is it that difficult to discredit her using facts that you have to make things up from thin air?