Pensar peligrosamente

muñeca

Foto por nickperez

O outro día, non sei como, encendín a tele e cadrou que estaban botando “Amar peligrosamente”. Sonábame a nombre de película mala que xa vira, pero estaba equivocado, só na primeira parte. De todas formas esto solo ven a conto porque igual era preferible que non houbese visto o pouco tempo que a vin. Foi simplemente o pasar dun par de minutos cando me asaltaron unhas simples preguntas e uns cantos ideales de cando a miña cabeza comezaba a dar de sí. Eses recordos, eses ideais, non foran olvidados pola miña parte, simplemente non eran tan latentes cando as cousas iban ben.

¿Por qué cando as cousas van tan ben, unha simple pregunta autoformulada pode ser tan mortal? ¿Por qué necesito darlle un sentido á miña vida se a maioría da xente vive sen el? ¿Por qué non podo conformarme coa máxima acumulación de riqueza como máxima aspiración como un capitalista calquera? ¿Por qué volvo sempre a este punto de partida? ¿Por qué me conformo con volver sempre aquí?

Comments are closed.