O día que Lamborghini me regalou un… Maserati

Resulta que estaba eu tan tranquilamente no meu posto de traballo cando me chegou un mail interesantísimo no que o Consello de Administración, do Departamento de Promoción Internacional de Lamborghini Motor me informaba de que gañara a Lotería da conciencia Internacional que me fai dono dun Maserati-2012-SUV-2012 (que aclaran que é un coche deportivo) e un premio en efectivo de 6000000 de dólares (americanos, of course).

Que si! Que Lamborghini me regala un Maserati e aquí teño a proba:

Notificación electrónica

Notificación electrónica

Bueno disfrutade desta imaxe porque o ides a ver pouco..

Maserati SUV

Maserati SUV de Automotive Rhythms

Aish..! Que bonito é o meu novo coche…