Os gurús do optimismo (ou os optimistas do pao)

Non vos vou a mentir, eu tamén fun un optimista. Ahora intento ser o máis obxectivo posible, quero dicir, realista. Intento valorar as opcións e non ilusionarme se non teño as suficientes “probas” de que todo poida ir máis ben que mal. E si, agobiome, angustiome, critico e, por suposto, queixome. E creo que, en certa medida, todo o mundo o fai. Claro que hai xente que o fai máis que outra e, incluso, coñezo a xente que, por exemplo, usa twitter como un tablón de queixas (salvo cando están de aniversario). Pero o que me leva a escribir este post, porque todo o que escribin ata aquí é bastante evidente, é unha tendencia que se leva últimamente de “renegar” dos pesimistas. É unha especie de bullying á persoa tóxica, ou negativa, que vexo que ultimamente cada vez máis xente secunda, que, por suposto, sae gratis e ca que todo o mundo parece estar de acordo. Un exemplo:


O que me parece curioso e común, nesta xente que eu chamo optimistas do pao, é que nadie dá unha definición do que é unha persoa negativa e, polo tanto, ante esa ambigüidade, automáticamente toda esa xente que lle fai bullying ós pesimistas queda autodefinida como optimista. É por iso, que os chamo optimistas do pao, porque co tempo acaban demostrando con algún comentario posterior, e a veces no mesmo acto, a contradicción de que eles tamén son negativos. É como cando unha persoa comeza unha frase “eu non son racista pero…” ou “eu non son machista pero…” ou calquera das súas variantes onde, hai máis probabilidade de oir un comentario racista, machista,… despois desa frase que en calquera outra parte do discurso.

Pidovos, por favor, se algunha vez fixechedes ou tendes a tentación de facer un comentario deste estilo que pensedes: estadesvos queixando, estades sendo negativos, ¿por qué non tratades de falar coa persoa en cuestión para tratar de cambiar as cousas na vez de facer un comentario de enaltecemento do bullying ós pesimistas? Que si, que eu tamén coñezo a xente que se queixa e tende a pensar mal por defecto pero, se me queixo a vos, estou perdurando o seu negativismo no lugar de mitigalo.