Déjà vu

Lonely doll de Emmanuelle Contini

Lonely doll de Emmanuelle Contini

Hai veces que algo que vives che recorda a algo que xa vivistes nunha serie de puntos comúns; puntos comúns que no recordo conforman un patrón cíclico; patrón que se repite hasta un final apocalíptico. Cada vez que termina ese ciclo sabes que non vas a estar ben. Entonces pensas que non estás nun deses ciclos e que é algo puntual. De repente, algo sale mal e todo é traxedia hasta que sorpresivamente todo volve a normalidade como ave fénix resurrectora. Pasado un tempo de tranquilidade e vacación mental dalgunha forma crees apreciar de novo eses puntos comúns e pensas ¿este é un ciclo conformante dun patrón de final apocalítico?

Agobio


Sentado, con moi boa compañía, tomando un refresco, sen querer miro atrás e vexome ainda por primeira vez aquí en Santiago. Senón luns, mércores (non logro recordar con exactitude) vexome montado nun urbano por unha cidade que non conozo a primeira hora da mañá. Hai luz si, ainda si, os días ainda non se volveron máis pequenos, pero en realidade a luz non é suficiente para que a miña mente poida ver con claridade o que estou facendo aquí. Collo o urbano equivocado de feito, cara San Marcos, na vez de collelo cara o Hórreo. O feito de verme rodeado de tanta xente que non conozo fai que o futuro sexa un nó dun cordel sen puntas, un nó que non podo desfacer. Chego á parada e baixo do urbano, dirixome ó instituto e entro, non chego a primeira hora, senón á segunda; entro en clase e só hai sitios na última fila. Última fila, si… Pero tanta xente desconocida, un horror, un agobio, un momento de soidade dentro dun sitio con tanta xente, soidade brutal, de feito preferiría que a clase estivese baleira para poder relaxarme. Nun momento tan pesado para min decido presentarme ós meus compañeiros de mesa, Alberto e Manuel, por esta orde, que xa se conocían de antes. Falamos escasos 3 minutos e volvo a estar só. Nada interesante ata o recreo, os recreo é moi largo; sóbranme os recreos. Quero irme… Entonces simplemente penso: “Que mente primitiva tiña e que mente primitiva sigo tendo” – e dou un novo trago ó meu refresco.

¿Donde estás información?

Hoxe estou bastante queimado, razón: sensacionalismo… Ahora mismo estou odiando a toda esa xente que, en vez de interesarse por algo buscando información ou datos sobre o tema, se senta todos os días a eso das 3 da tarde para que un conxunto de persoas ben pagadas fagan o labor de búsqueda, selección e redacción da información por eles, co seu conseguinte lavado de cerebro… Si.. non é ningunha novidade que as persoas dos noticieiros están pagadas por empresas, xa sexan privadas ou públicas, que necesitan acadar unhas cuotas de “venta” (share de pantalla neste caso) para que os inversores, as subvencións, etc, etc sigan investindo ou simplemente consigan aumentar o capital investido.
Que, aparte de todo esto, e xa non solo polo interés económico, hai noticias que lles interesa dar máis que outras, así que non hai imparcialidade nin nada que se lle asemelle. Por exemplo: a quen carallo lle importa que Evo Morales estea tan loco como para tomarse Tamiflu sen estar contagiado? Porque non falan do plazo de tempo no que van a deixar falar do puto virus H1N1A? Tal cual e como pasou ca gripe aviar… É unha estúpidez, intentan e logran meterlle o medo a todo o mundo para que sigan atentos a que novas noticias salen sobre o tema e para saber se algún día terán que comprarse un búnker baixo terra para non volver á superficie nun mes, para evitar que a xente se contaxie… Dioooss!! Se a gripe común é moito máis perigosa hoxe en día que a puta gripe porcina, eso é o que deberían de decir nos telediarios para que a xente se tranquilizase un pouco e se deixen de tomar medidas tan propias como o seguemento pormenorizado en cada escola por se fixese falta unha cuarentena en calquera sitio. Que horror de medios de comunicación!!
O máis triste é que toda esa xente que se senta as 3 a esperar que lle escupan toda a merda comercial que deron recollido no día trata ó resto da xente, que intenta contrastar datos e a realidade a través de internet, como se fosen ratos de laboratorio ou enfermos mentales que non poden deixar de pensar en clave de www…

Mellor que os plans salan ben


Hai veces que me pasa que recordando algo que fixen dígome: ese non son eu. Unha sensación de alienación estraña, como a dun bebé que descubre un espello por primeira vez, e vergonzosa por outra parte, porque acabo descubrindo que son eu esa persona. No meu caso non acaba de quitarlle peso o feito de que son unha persona que lle encanta telo todo controlado, non é precisa a monotonía nin as costumbres, pero o feito de que todo sexa predecible facilita que poidan crecerme algún día as uñas, ou que algún día poida deixar de rascarme aínda que non me pique ou que deixe de tocar os ollos cando non me pasa nada neles. É estraño a veces como o feito de decir non se volve unha tarefa titánica ou o simple feito de que algo non me guste nunha conversación sirva como escusa para evitar a mirada desa persona por un rato. E incluso pode chamar a atención cambiar a un tema relacionado co tema espiñoso que se está tratando, as respostas cortas a preguntas de bastante calado, as miradas vacías, as medias verdades, as medias mentiras, as caricias letales e as feridas con amor. Gústame caer ben, ser agradable, pero non agradar en van e cando máis poño esto en práctica é cando teño dúas copas de máis porque non me importa o ridículo. Foi unha cousa que tardei en aprender pero creo que estou seguro de habelo aprendido: a maioría das diferencias non se salvan, sopórtanse, ese é o punto clave, a transigencia. Volvendo ó comezo do post, que xa se alarga, hai momentos, creo que cada vez menos, nos que me arrepinto de ter dito algo fora de lugar, de non ter insistido, de ter insistido, de oír en vez de escoitar, da miña gran falta de memoria, de recordar,… De todas formas hoxe que non é un deses momentos, porque non me acordo de moito…, pero mañan pode que o sexa.

O bico violento

Imagen original por Scarleth White

Onte véuseme á cabeza un recordo que compartín con moi pouca xente ou ningunha para ser máis concreto e é que me avergoña un rato, para que vos vou a enganar. Supoño que se podería considerar unha das miñas primeiras vivencias amorosas, ou non… segundo se mire.

Por aqueles tempos eu estaba en 4º de primaria se mal non recordo e algunhas palabras como orgasmo ou vaxina soábanme a chino. En realidade creo que os únicos coñecementos, se é que se lles pode chamar así, que eu tiña sobre o tema proviñan na súa maioría de unha telenovela, “Agujetas de color de rosa”, que moitas veces me tiña que tragar porque na casa dos meus avós algunhas familiares estaban enganchadas a ela. Todo isto pola miña parte que xa veredes logo a que ven. Pola outra parte unha rapaza da miña clase, de cuxo nome me acordo pero non vou a revelar, á que o resto dos alumnos tiñan semi-marxinada (a esas idades non hai nada absoluto) que entre outras cousas se comía os mocos literalmente e non tan literalmente, porque as veces facía gala de poucas luces (aínda que en outras ocasións era máis avispada). Así é que estando na cola que formábamos sempre á entrada do recreo separados por clases (unha cola por clase) e estando eu máis que despistado a rapaza acercóuseme e bicoume. É aquí amigos onde entra en xogo a telenovela e é que se non recordo mal había bastantes bofetadas nela. Actuei, actuei tal e como o facían os actores daquela telenovela que tanto odiaba e respondinlle cun bofetón… Non preguntedes porqué, non o sei agora, nin o souben no momento cando o meu titor, o meu querido titor (un dos mellores profesores que tiven na miña vida) me pediu explicacións cando descubriu porqué estaba chorando a rapaza cando chegou a clase…

E así acaba unha das escenas máis bochornosas e incomprensivas da miña vida, pedindo perdón e prometendo ó meu profesor que nunca volvería a pegar a unha rapaza, promesa que creo que aínda non rompín.

A sesta dos muxos

Este fin de semana paseino no Freixo, aproveitando para experimentar ca miña nova cámara. Así, saquei algunha que outra foto:
De Freixo
Algunha máis aquí. Ademáis, como andaba sobrao de tempo creei un minidocumental pequeno que mostra parte da diversidade animal do ecosistema do lugar:

Time needs time

Foto por *TreMichLan*

Pienso que el tiempo nunca consuela, sino que acostumbra, como el cuerpo se acomoda a una mutilación y sigue viviendo cojo o manco sin recuperar jamás el funcionamiento normal.

Elena Soriano

Cociñando…

Joer, a ostia de xente me di que non sei cociñar, joer, eu aprendo de este cociñeiro que vos enseño. É campechano, campechano e botome unhas risas:

What’s this?










Efectivamente, era o que todos estábades pensando, un consolador con forma de botella da marca de agua de Coca-Cona. Si señor, o que son as tecnologías…

Antimateria?

Si… Fijadevos ben na tabla. Son todo ceros… Así que polo valor energético que ten ou é unha pila ou antimateria…