Pensar peligrosamente

muñeca

Foto por nickperez

O outro día, non sei como, encendín a tele e cadrou que estaban botando “Amar peligrosamente”. Sonábame a nombre de película mala que xa vira, pero estaba equivocado, só na primeira parte. De todas formas esto solo ven a conto porque igual era preferible que non houbese visto o pouco tempo que a vin. Foi simplemente o pasar dun par de minutos cando me asaltaron unhas simples preguntas e uns cantos ideales de cando a miña cabeza comezaba a dar de sí. Eses recordos, eses ideais, non foran olvidados pola miña parte, simplemente non eran tan latentes cando as cousas iban ben.

¿Por qué cando as cousas van tan ben, unha simple pregunta autoformulada pode ser tan mortal? ¿Por qué necesito darlle un sentido á miña vida se a maioría da xente vive sen el? ¿Por qué non podo conformarme coa máxima acumulación de riqueza como máxima aspiración como un capitalista calquera? ¿Por qué volvo sempre a este punto de partida? ¿Por qué me conformo con volver sempre aquí?

Agobio


Sentado, con moi boa compañía, tomando un refresco, sen querer miro atrás e vexome ainda por primeira vez aquí en Santiago. Senón luns, mércores (non logro recordar con exactitude) vexome montado nun urbano por unha cidade que non conozo a primeira hora da mañá. Hai luz si, ainda si, os días ainda non se volveron máis pequenos, pero en realidade a luz non é suficiente para que a miña mente poida ver con claridade o que estou facendo aquí. Collo o urbano equivocado de feito, cara San Marcos, na vez de collelo cara o Hórreo. O feito de verme rodeado de tanta xente que non conozo fai que o futuro sexa un nó dun cordel sen puntas, un nó que non podo desfacer. Chego á parada e baixo do urbano, dirixome ó instituto e entro, non chego a primeira hora, senón á segunda; entro en clase e só hai sitios na última fila. Última fila, si… Pero tanta xente desconocida, un horror, un agobio, un momento de soidade dentro dun sitio con tanta xente, soidade brutal, de feito preferiría que a clase estivese baleira para poder relaxarme. Nun momento tan pesado para min decido presentarme ós meus compañeiros de mesa, Alberto e Manuel, por esta orde, que xa se conocían de antes. Falamos escasos 3 minutos e volvo a estar só. Nada interesante ata o recreo, os recreo é moi largo; sóbranme os recreos. Quero irme… Entonces simplemente penso: “Que mente primitiva tiña e que mente primitiva sigo tendo” – e dou un novo trago ó meu refresco.