¿Donde estás información?

Hoxe estou bastante queimado, razón: sensacionalismo… Ahora mismo estou odiando a toda esa xente que, en vez de interesarse por algo buscando información ou datos sobre o tema, se senta todos os días a eso das 3 da tarde para que un conxunto de persoas ben pagadas fagan o labor de búsqueda, selección e redacción da información por eles, co seu conseguinte lavado de cerebro… Si.. non é ningunha novidade que as persoas dos noticieiros están pagadas por empresas, xa sexan privadas ou públicas, que necesitan acadar unhas cuotas de “venta” (share de pantalla neste caso) para que os inversores, as subvencións, etc, etc sigan investindo ou simplemente consigan aumentar o capital investido.
Que, aparte de todo esto, e xa non solo polo interés económico, hai noticias que lles interesa dar máis que outras, así que non hai imparcialidade nin nada que se lle asemelle. Por exemplo: a quen carallo lle importa que Evo Morales estea tan loco como para tomarse Tamiflu sen estar contagiado? Porque non falan do plazo de tempo no que van a deixar falar do puto virus H1N1A? Tal cual e como pasou ca gripe aviar… É unha estúpidez, intentan e logran meterlle o medo a todo o mundo para que sigan atentos a que novas noticias salen sobre o tema e para saber se algún día terán que comprarse un búnker baixo terra para non volver á superficie nun mes, para evitar que a xente se contaxie… Dioooss!! Se a gripe común é moito máis perigosa hoxe en día que a puta gripe porcina, eso é o que deberían de decir nos telediarios para que a xente se tranquilizase un pouco e se deixen de tomar medidas tan propias como o seguemento pormenorizado en cada escola por se fixese falta unha cuarentena en calquera sitio. Que horror de medios de comunicación!!
O máis triste é que toda esa xente que se senta as 3 a esperar que lle escupan toda a merda comercial que deron recollido no día trata ó resto da xente, que intenta contrastar datos e a realidade a través de internet, como se fosen ratos de laboratorio ou enfermos mentales que non poden deixar de pensar en clave de www…

O bico violento

Imagen original por Scarleth White

Onte véuseme á cabeza un recordo que compartín con moi pouca xente ou ningunha para ser máis concreto e é que me avergoña un rato, para que vos vou a enganar. Supoño que se podería considerar unha das miñas primeiras vivencias amorosas, ou non… segundo se mire.

Por aqueles tempos eu estaba en 4º de primaria se mal non recordo e algunhas palabras como orgasmo ou vaxina soábanme a chino. En realidade creo que os únicos coñecementos, se é que se lles pode chamar así, que eu tiña sobre o tema proviñan na súa maioría de unha telenovela, “Agujetas de color de rosa”, que moitas veces me tiña que tragar porque na casa dos meus avós algunhas familiares estaban enganchadas a ela. Todo isto pola miña parte que xa veredes logo a que ven. Pola outra parte unha rapaza da miña clase, de cuxo nome me acordo pero non vou a revelar, á que o resto dos alumnos tiñan semi-marxinada (a esas idades non hai nada absoluto) que entre outras cousas se comía os mocos literalmente e non tan literalmente, porque as veces facía gala de poucas luces (aínda que en outras ocasións era máis avispada). Así é que estando na cola que formábamos sempre á entrada do recreo separados por clases (unha cola por clase) e estando eu máis que despistado a rapaza acercóuseme e bicoume. É aquí amigos onde entra en xogo a telenovela e é que se non recordo mal había bastantes bofetadas nela. Actuei, actuei tal e como o facían os actores daquela telenovela que tanto odiaba e respondinlle cun bofetón… Non preguntedes porqué, non o sei agora, nin o souben no momento cando o meu titor, o meu querido titor (un dos mellores profesores que tiven na miña vida) me pediu explicacións cando descubriu porqué estaba chorando a rapaza cando chegou a clase…

E así acaba unha das escenas máis bochornosas e incomprensivas da miña vida, pedindo perdón e prometendo ó meu profesor que nunca volvería a pegar a unha rapaza, promesa que creo que aínda non rompín.