Síndrome do fumador


Despois de 19 anos de vivir o tabaco como un observador son capaz casi de saber o que se lle pasa pola cabeza a un fumador. Cando unha persoa comeza a fumar faino por curiosidade normalmente e de forma puntual: “eu solo fumo un pitillo ó salir de clase”, “eu solo fumo cando salo ehh”, … Pouco a pouco comeza a ser un refuxio que nadie lle pode quitar ó fumador, nin sequera esas leis “absurdas” porque nada vai a impedir que sigan fumando. Pero que pasaría se “fumo un pitilliño ahora?”. Bueno, a maioría cando comeza a facer isto di que “non estou enganchado, nin moito menos”.

Sen embargo, segundo pasa o tempo vai incrementando aínda máis os pitillos ó día e fuma máis e cada vez máis compulsivamente. Pero “podo deixalo cando queira” buuuhh, que promesas verdá, promesas que non se cumpliran ainda que queiras!!! Pero como vas a querer!!!

Efectivamente, nunca van a querer e moito menos se xa o intentaron deixar e non foron capaces porque se sentiran “renovados” coa volta do tabaco as súas vidas. Pero unha das cuestións máis complicadas é que se por un casual esa persoa deixa e fumar, xamáis volverá a ser a que era antes de fumar, será moito máis irritable, agresivo e ó principio incluso violento.

Pero bueno, volvamos a falar dos fumadores. Non lles importa seguir fumando aínda que lles reste días de vida e o peor e que cando algunha persoa intenta tomar parte tómana como unha inimiga, cando unha persoa realmente se preocupa por eles o que fan e mostrarlle o seu desprecio porque¿?. Moi simple: supoñamos por un momento o simil de que un fumador é un mono cun cesto de plátanos, pois ben, se a este mono lle quitamos os plátanos vaise a poñer violento e sobretodo volveráse insociable mentres non recupere o seu preciado tesouro. Digamos que o fumador se comporta así, de forma irracional ata volver a conseguir o seu trofeo. E o peor é que lles da o mesmo morrer por culpa do tabaco pero non queren radiacións nin alimentos modificados xenéticamente nin se automedican e van ó médico cando estan enfermos e se o médico di que debería deixar de fumar non ten nin puta idea, se non o di salvase da condena,…

E todo esto por dicir que pasaría se…

A mellor maneira de deixar de fumar é non comezar

Sinceramente non me gustaría estar enganchado a un obxecto hasta o extremo de non poder estar sen pensar en el durante un mes. E non me gusta ver como un obxecto creba a liberdade dos que me rodean.