Leis que igual teñen sentido: artigo 1

Foto por Janet Lindenmuth

O outro día ocorreuseme a idea de facer un tipo de posts sobre a lexislación ou sobre as leis que propoñería no parlamento se tivese a oportunidade. Simplemente son ideas de leis, sen ningunha conexión entre elas pero que, persoalmente creo que poderían aportar algún beneficio á sociedade. Bueno, ahí vai a primeira:

Lei reguladora das canles comerciais de difusión radiofónica de temática musical:

  • Esta lei ten como finalidade principal a diversificación da música reproducida hoxe en día nas distintas canles comerciais de difusión radiofónica. Responde á tendencia de focalización severa en grupos reducidos de cancións que as canles reproducen asiduamente cuia practica ven tendo lugar nos últimos anos.
  • A primeira medida a adoptar será a restricción da reproducción dun mesmo tema musical menos de cinco veces nunha semana.
  • A segunda medida a tomar será a de reproducir unha vez na semana e en horario de máxima audiencia, ao menos, un novo tema musical nunca reproducido antes polo medio de difusión radiofónica.
  • Con estas dúas medidas preténdese buscar nos medios de difusión radiofónica unha alternativa para a divulgación de artistas emerxentes que non teñen tanta capacidade como os artistas consagrados ou máis  consolidados para permanecer nas listas de éxitos.

En resumo, potenciar os novos artistas nas canles comerciais de radio limitando a reproducción dunha mesma canción a un máximo de 4 veces na semana e a reproducción en horario de máxima audiencia de, ao menos, un novo tema musical á semana, nunca antes reproducido pola radio.

Hala, ahí queda! 😉